Saturday 27 de April de 2024

A primeira edición de Deporte Solidario beneficiou a 13.000 participantes en actividades de deporte base e 5.400 persoas dos proxectos sociais


O alcalde da Coruña informa de que chegou a 26 entidades deportivas da cidade e mobilizou 800 persoas entre traballadores e voluntarios

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, presentou hoxe a II convocatoria Deporte Solidario, dotada con 250.000 euros, así como a avaliación dos resultados obtidos polas entidades deportivas subvencionadas na primeira edición: “A primeira convocatoria chegou a un total de 26 entidades, implicou 800 persoas entre traballadores e voluntarios, e beneficiou a 5.396 persoas nos proxectos sociais. Pagou a pena porque, delas, mil persoas eran menores en risco de exclusión social e persoas con diversidade funcional”, explicou.
Un total de 26 entidades deportivas da cidade da Coruña foron as beneficiarias das axudas para favorecer o uso do deporte como instrumento de intervención social. Estas entidades desenvolveron ao longo do ano 2014, 32 proxectos que beneficiaron a máis de 13 mil persoas participantes nas actividades de deporte base e a 5.396 nos proxectos sociais. Entidades que xestionan un presuposto global de 8,5 millóns de euros, empregan 202 traballadores na cidade e que mobilizaron 557 voluntarios.
“Este proxecto axuda a facer unha cidade inclusiva, para que todos e todas teñan oportunidades e poder favorecer a moitos clubs que viñan facendo actividades solidarias, pero aos que lles faltaban medios ou recursos”, asegurou o alcalde. Os proxectos financiados desenvolvéronse en diferentes disciplinas deportivas, dende o baloncesto, hóckey, atletismo, fútbol sala, rugby, vela, piragüismo, pesca fondeada, wáter-polo, esgrima, xadrez, tenis de mesa, tenis, halterofilia, hípica, voleibol, judo, tiro con arco e deportes de montaña.
Además de las actividades de fomento de deporte base, las entidades deportivas llevaron a cabo proyectos sociales con diferentes objetivos como fomentar la práctica del deporte femenino en disciplinas en las que habitualmente la presencia de niñas es mucho menor, promover la participación en el deporte de personas con discapacidad, de niños y jóvenes en desventaja social y también el desarrollo de actividades solidarias.
Os proxectos sociais subvencionados desenvolvéronse nas seguintes áreas de intervención:

Proxectos por modalidade de intervención: Nº
Xénero e actividade física 14
Educación en valores 2
Participación e integración de nenos/ás e mozos en desvantaxe social 5
Atención á diversidade: participación e integración 6
Participación en actividades solidarias 5
Total 32

Dos beneficiarios totais, o 5% foron 272 menores en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e o 13%, 692, persoas con diversidade funcional. Na I convocatoria resultaron seleccionadas 26 entidades que recibiron un total de 250.000 euros. Os proxectos que recibiron unha mellor valoración, de acordo cos criterios das bases, recibiron de media o 82% do financiamento solicitado. Por outra parte, o 63% dos recursos asignados destinouse ao desenvolvemento dos proxectos sociais, e o resto ao fomento do deporte de base.
Tal e como informou o alcalde o Concello da Coruña, a través da Fundación Emalcsa, destinará novamente 250.000 euros a axudas económicas para financiar proxectos que conxugan a actividade deportiva coa acción social: Melloramos esta segunda convocatoria coa suxestións e propostas das entidades deportivas”, sinalou e engadiu: “Entre todos melloramos este proxecto co obxectivo de fomentar a inclusión social, unha das liñas básicas da cidade,”.
Tras realizar unha avaliación final dos resultados e unha Enquisa de Satisfacción, as entidades deportivas fixeron unha valoración positiva dos resultados da I Convocatoria Deporte Solidario e que a combinación de deporte e solidariedade foi unha fórmula innovadora que incorporou boas prácticas de responsabilidade social nas entidades deportivas.
A II Convocatoria Deporte Solidario para favorecer o deporte como instrumento de intervención e transformación social incorpora as seguintes novidades:
. Proporciona ás entidades deportivas unha xestión económica áxil e flexible.
. Proporciona autonomía operativa ás entidades deportivas para a xestión das accións subvencionadas.
. Substitúense as 5 liñas temáticas e a posibilidade de presentar varios proxectos por un único proxecto, que permita centrar esforzos e recursos, á vez que se amplían os fins sociais susceptibles de encaixar na convocatoria e os posibles colectivos destinatarios.
. Valórase a incorporación da perspectiva de xénero na acción deportiva ordinaria das entidades de forma transversal e a súa contribución á igualdade no deporte.
. Introdúcense melloras nos soportes documentais da convocatoria e nos procesos de xustificación.
As bases e formularios poden consultarse en www.fundacionemalcsa.es, o teléfono de información e consultas é o 981 186 510. As entidades deberán dirixir as súas solicitudes persoalmente, por mensaxería ou por correo postal certificado achegando unha copia imprimida dos documentos requiridos nas bases:
FUNDACIÓN EMALCSA
Convocatoria de Axudas Deporte Solidario 2013
C/ Manuel Murguía
Edificio Casa da Auga s/n Planta 7ª
15011 A Coruña
Tel: 981 154 080, Fax: 981 902 322

O prazo de presentación dos proxectos finalizará o 16 de marzo, ás 13.00 horas.